sábado, 26 de abril de 2014

CONTACONTOS EN ACCIÓN: A B.E. NO PROG. 3 - 1ª PARTE

OS OLLOS DO MIÑO PRODUCIÓNS NACEU NO CURSO 2011-12 COMO PRODUTORA EDUCATIVA QUE AÚNA AS EXPERIENCIAS EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, INNOVACIÓN EDUCATIVA, ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES E OS PROXECTOS DA AULA I9 (DIRIXIDOS POR CARLOS CAMPOS, MESTRE DO 3º CICLO DE PRIMARIA, MESTRE DE MÚSICA DO CEIP E COORDINADOR DO EDLG). GRACIAS A ESTA ESTREITA COLABORACIÓN, OS RECURSOS DA BIBLIOTECA ESCOLAR SERVEN DE EIXE VERTEBRADOR DE MOITAS VONTADES QUE DA COMO RESULTADO PROXECTOS TAN MAGNÍFICOS COMO "AS ONDAS DO MIÑO", MAGAZIN ESCOLAR EN FORMATO TELEVISIVO NO QUE PODEMOS ATOPAR, ENTRE OUTR@S, AOS ALUMN@S BIBLIOTECARI@S E CONTACONTOS CONVERTIDOS TAMÉN EN REPORTEIROS DE PRIMEIRA CATEGORÍA.
DURANTE O MES DE DECEMBRO LEVOUSE A CABO A "I SEMANA CULTURAL" DO CEIP Plurilingüe, MANUEL SIEIRO, CHEA DE EVENTOS MOI VARIADOS COA CULTURA COMO FÍO CONDUTOR. SIRVAN ESTAS ENTRADAS COMO HOMENAXE E AGRADECEMENTO A TOD@S OS QUE PROCURAN QUE O NOSO COLEXIO E A NOSA BIBLIOTECA POIDAN DESBORDAR INNOVACIÓN, ACTIVIDADE E VIDA. E, COMO NON, GRACIAS KAKUS, POR AXUDARME A IR SENDO UNHA MESTRA DO SÉCULO XXI.

No hay comentarios:

Publicar un comentario