lunes, 28 de abril de 2014

A SEMANA DA PAZ NA BIBLIOTECA: "SOLO TRES LETRAS"

ESTE CURSO ELEXIMOS O POEMA DE GLORIA FUERTES "SÓLO TRES LETRAS" PARA  QUE NOS SERVISE DE INSPIRACIÓN EN TÓDALAS ACTIVIDADES QUE SE PLANIFICARON DENDE A B.E. E DENDE A NOSA PRODUTORA ESCOLAR "OS OLLOS DO MIÑO PRODUCIÓNS".
GLORIA FUERTES É UNHA FONTE INAGOTÁBEL DE RECURSOS LITERARIOS PARA OS MÁIS PEQUENOS, PERO PARA O NOSO COLE TEN UN SIGNIFICADO ESPECIAL, XA QUE, GRAZAS ÁS EXPERIENCIAS LEVADAS A CABO NO CURSO 2012-13 POLAS QUE FORON AS NOSAS MESTRAS PATRICIA DOVAL E CRISTINA PAMPÍN, FOMOS, XUNTO CON OUTROS CENTROS, PREMIO NACIONAL DE INNOVACIÓN EDUCATIVA POLO PROXECTO COLABORATIVO GLORIA FUERTES.
A NOSA LEMBRANZA E CARIÑO PARA PATRI E CRIS, QUE XA ANDAN POR OUTROS COLES SEMENTANDO INNOVACIÓN E BO FACER.
E GRAZAS, GLORIA, POR POR DEIXAR UNHA PEGADA DE TENRURA QUE NUNCA ACABA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario