O "VOLUNTARIADO DE LECTURA-A" PROPICIOU LEVAR A CABO UNHA EXPERIENCIA QUE XA FORMABA PARTE DOS PROXECTOS A CURTO PRAZO QUE O EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR TIÑA EN MENTE. GRAZAS Á SÚA MODALIDADE 2, QUE NOMEAMOS CO TÍTULO "CONTACONTOS NO EXTERIOR", OS BIBLIOTECARI@S SAÍRON CONTAR HISTORIAS FÓRA DO CEIP EN DÚAS OCASIÓNS.
COMO UN DOS ACTOS DA SEMANA CULTURAL, CELEBRADA NO COLEXIO ENTRE O 16 E O 20 DE DECEMBRO, VISITAMOS A RESIDENCIA DE ANCIÁNS DE CRECENTE, ONDE OS CONTACONTOS COMPARTIRON COS INTERNOS E O PERSOAL A HISTORIA "ROMEO E XULIETA".
DURANTE ESTE MES DE ABRIL, EN CONCRETO O DÍA DO LIBRO, ACUDIMOS Á ESCOLA INFANTIL "A GALIÑA AZUL" ONDE DOUS GRUPOS DE CONTACONTOS COMPARTIRON CON MENIÑ@S E O PERSOAL DA ESCOLA OS CONTOS "EL GATO CON BOTAS" E "OS TRES PORQUIÑOS".
SIRVA TAMÉN ESTA ENTRADA NO NOSO BLOG PARA AGRADECER ÓS DIRECTORES E Ó PERSOAL A MARABILLOSA ACOLLIDA QUE NOS DERON. RESULTARON EXPERIENCIAS TAN GRATAS QUE, SEN DÚBIDA, VOLVEREMOS PRONTO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario