jueves, 18 de diciembre de 2014

CRECENTE EN LETRA - O NOSO XORNAL

Xa está aquí a última creación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca Escolar: un xornal  no que vos iremos contando as novidades e acontecementos do colé.

O ano pasado xa experimentamos con formatos audiovisuais; e este curso tentaremos facer o mesmo, pero empregando outro dos medios de comunicación de masas máis consumidos nos últimos séculos, o xornal.

Trimestre a trimestre, se é posible, achegarémosvos un novo número de Crecente en Letra, ao que poderedes acceder e descargar facendo click no enlace. Ademais, imprimiremos unha serie de exemplares que quedarán no cole (Biblioteca, "Recuncho de Saltón", sala de mestres...) á disposición de toda a comunidade escolar

Agardamos que vos guste esta iniciativa, e esperamos poder contar con máis voluntarios; e poder ofrecer, así, máis contidos no próximo número.





martes, 16 de diciembre de 2014

THANKSGIVING DAY

Na biblioteca do Ceip Manuel Sieiro tamén somos plurilingües. Non só temos un bo lote de libros en inglés; senon que, tamén, celebramos as cestas típicas da cultura anglosaxona. Nesta ocasión toca o "Día de Acción de Grazas"

Disfrutade coas fotos!!

jueves, 27 de noviembre de 2014

HOMENAXE AOS NOSOS ALUMNOS BIBLIOTECARIOS

Por fin podemos ofrecer as mellores fotos dos alumnos e alumnas de Crecente nas Xornadas Convivencia organizadas no Centro de Formación e Recursos de O Burgo, en A Coruña; e para as que fomos seleccionados dentre todos os centros da provincia de Pontevedra.
 Un merecido premio á gran labor realizada polos nosos voluntarios e voluntarias ao longo destes últimos anos. 


martes, 18 de noviembre de 2014

AS AVENTURAS DE ELLIOT NESS

Este ano nomeamos como personaxe da biblioteca do cole ao gran inspector Elliot Ness que, xunto aos seus Intocables, conseguíu atrapar a un dos máis famosos "gansters" da cidade de Chicago.

Tanto gustaron estas personaxes que decidimos facer unha serie de contos nos que os alumnos e alumnas dende 3º a 6º, tiñeron a oportunidade de crear as súas propias aventuras.

Podedes ver o resultado "pinchando" na portada.


domingo, 1 de junio de 2014

O ENTROIDO NA BIBLIO



COMO EN TODAS AS GRANDES FESTAS, A BIBLIOTECA ESCOLAR ESTIVO MOI PRESENTE EN TODO O QUE ESTE ANO SE FIXO NO MANUEL SIEIRO POLO ENTROIDO. GRAZAS A QUE OSOLLOSDOMIÑO PRODUCIÓNS NOS UNE A TOD@S, PODEMOS FACER COUSAS COMO ESTAS...

BENVIDO, KAMISHIBAI

TAMÉN EN ABRIL CHEGOU O KAMISHIBAI, UN TEATRIÑO XAPONÉS QUE COMEZAMOS A COÑECER E ESTAMOS APRENDENDO A UTILIZAR.
A NOSA BIBLIOTECA CONTA CUN ABANO DE NOVAS HISTORIAS QUE XA VOS IREMOS CONTANDO.




BENVIDO, KAMISHIBAI!

OS CONTACONTOS NA ESCOLA INFANTIL

E O DÍA 24 DE ABRIL, FOI TAMÉN MOI ESPECIAL. OS "CONTACONTOS NO EXTERIOR" VISITARON A ESCOLA INFANTIL "A GALIÑA AZUL" DE CRECENTE, PARA CONTAR DÚAS HISTORIAS MOI OÑECIDAS: "OS TRES PORQUIÑOS" E "O GATO CON BOTAS". PARA QUE OS CATIVOS E CATIVAS OS DESFRUTARAN MELLOR, LEVAMOS CONNOSCO OS TÍTERES QUE OS ALUMN@S BIBLIOTECARI@S ELABORARON DURANTE VARIAS SEMANAS, E QUE XA NOS ACOMPAÑARAN NAS SESIÓNS DE "CONTACONTOS EN ACCIÓN".


GRAZAS ÁS PROFES E @S NEN@S DA ESCOLA, QUE NOS RECIBIRON COS BRAZOS ABERTOS E CON MOITO AGARIMO. SERÁ UN PRACER REPETIR A VISITA.

EN ABRIL, LIBROS MIL (2014)

O MES DE ABRIL ENCHEU DE MOITAS VIVENCIAS, E SOBRE TODO DE MOITAS LECTURAS O MANUEL SIEIRO. PERO, DENTRO DESTE "EN ABRIL, LIBROS MIL", O DÍA 23 FOI ESPECIALMENTE GRATO.
TOD@S NOS XUNTAMOS NO "LUGAR DE SALTON" PARA LER O "LIBRO VIAXEIRO", QUE XA É UNHA TRADICIÓN, PROPOSTA POLO EDLG, E APOIADA POLA BIBLIOTECA ESCOLAR E, SOBRE TODO, POLOS TITORES, TITORAS E PEQUEN@S DE TODO O COLEXIO.
ESTE ANO TITULÁMOLO "OS FEITIZOS DE SALTÓN", E PODÉDELO DESFRUTAR NO NOSO BLOG OSOLLOSDOMINHO.BLOGSPOT.COM.


AQUÍ QUEDAN AS IMAXES DESTA CELEBRACIÓN

MOCHILAS VIAXEIRAS


ESTE CURSO, NO PROXECTO LER EN FAMILIA, DEMOS UN PASIÑO MÁIS E COMEZARON A RULAR AS MOCHILAS VIAXEIRAS. NELAS, ADEMÁIS DUNHA SELECCIÓN DE MATERIAIS DA BIBLIOTECA ADAPTADOS A CADA GRUPO, CIRCULARON O RAP DE "LE COMIGO", CONSELLOS PARA LER NA CASA, A MEMORIA FOTOGRÁFICA DO CURSO PASADO, E OS CARNÉS PARA FAMILIAS. E, COMO NON, O "DIARIO VIAXEIRO", NO QUE TOD@S @S QUE QUIXERON, COMPARTIRON AS SÚAS OPINIÓNS, OS SEUS DEBUXOS.... AGORA QUE O CURSO REMATA, TOCA FACER BALANCE. SEGURO QUE HA SER BO!!

jueves, 1 de mayo de 2014

EN ABRIL, LIBROS MIL! A ILUSIÓN DOS PUNTOS DE ENCONTRO

BAIXO O NOSO LEMA DESTE MES DE ABRIL OS LIBROS SAÍRON DA BIBLIOTECA ESCOLAR PARA INVADIR OS CORREDORES DURANTE OS RECREOS.
PERO NON PODE HABER UN BO USO SEN SINALIZACIÓN E ALGUNHAS NORMAS....
O TRABALLO COLABORATIVO DE TÓDOLOS NOSOS RAPACES E RAPAZAS PROCUROU ESTE RESULTADO. E, COMO NON...OS BIBLIOTECARI@S EN ACCIÓN APADRIÑARON COMO VERDADEIROS PROFESIONAIS!!
NORABOA A TOD@S POR ESTA EXPERIENCIA TAN MAGNÍFICA. 
REPETIREMOS O ANO QUE VEN!!

miércoles, 30 de abril de 2014

O MAGOSTO TAMÉN FOI NA BIBLIO

AS FESTAS SINALADAS SON MOMENTOS ESPECIAIS PARA A NOSA BIBLIOTECA. ESTE ANO, UNHA DAS PARTES DA FESTA FOI A ELABORACIÓN DUN PRECIOSO DIPLOMA DE PARTICIPACIÓN NA MARATONIANA XORNADA DE XOGOS POPULARES E CASTAÑAS QUE VIVIMOS O DÍA 11 DE NOVEMBRO DO 2013.

 

O QUIXOTE INSPIROU AOS NOSOS BIBLIOTECARI@S

HAI XA DOUS ANOS QUE CERVANTES INSPIRA UNHA INFINIDADE DE EXPERIENCIAS, E O QUIXOTE SEMPRE NOS ENGANCHA!! AÍ QUEDAN OS DOUS TRABALLOS ESTRELA DESTE ANO INSPIRADOS NESTA MAGNÍFICA OBRA, E ESTE ANO, COMO NON, COS BIBLIOTECARI@S EN ACCIÓN LEVANDO A BATUTA.

 

DÍA DA POESÍA: REGALANDO UN POEMA DE CERVANTES

AÍNDA QUE O LEMA DE ABRIL ÍA SER: EN ABRIL...LIBROS MIL!!, XA EN MARZO ANDABAMOS NA LEA DE SEGUIR COÑECENDO A CERVANTES, QUE XA É UNHA TRADICIÓN NO NOSO COLE.
ESTA VEZ UN POEMA DESTE AUTOR PERCORREU TÓDOLOS RECUNCHOS DO COLE, TANTO QUE ATA CHEGAMOS Á COCIÑA...



CONTACONTOS EN ACCIÓN: DÍA DO LIBRO INFANTIL


FOI UN DÍA ESPECIAL PARA TODAS AS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
GRAZAS A TODOS OS AUTORES QUE NOS REGALAN TANTAS HISTORIAS COAS QUE SOÑAR
OS CONTACONTOS EN ACCIÓN NON PODÍAN DEIXAR PASAR ESTE DÍA SEN AGASALLARNOS CO SEU BO FACER:
DOUS CONTOS CLÁSICOS CUN TOQUE MOI PERSOAL..

martes, 29 de abril de 2014

BIBLIOTECARI@S:UN CURSO PLENO DE VIVENCIAS

VALE MÁIS UNHA IMAXE QUE MIL VERBAS...POUCO SE PODE DICIR PORQUE AS IMAXES FALAN POR ELAS MESMAS.
QUERID@S BIBLIOTECARIOS, SENTÍMONOS MOI ORGULLOSOS DE VÓS.

lunes, 28 de abril de 2014

BIBLIOPEQUES NAS ONDAS DO MIÑO PROG.3 -4ª PARTE

NON É REPETILOS...É QUE COMO ESTÁN PRA COMELOS GÚSTANOS COMPARTILOS UNHA E OUTRA VEZ...E OS REPORTEIROS NON SON PARA MENOS!!

A SEMANA DA PAZ NA BIBLIOTECA: "SOLO TRES LETRAS"

ESTE CURSO ELEXIMOS O POEMA DE GLORIA FUERTES "SÓLO TRES LETRAS" PARA  QUE NOS SERVISE DE INSPIRACIÓN EN TÓDALAS ACTIVIDADES QUE SE PLANIFICARON DENDE A B.E. E DENDE A NOSA PRODUTORA ESCOLAR "OS OLLOS DO MIÑO PRODUCIÓNS".
GLORIA FUERTES É UNHA FONTE INAGOTÁBEL DE RECURSOS LITERARIOS PARA OS MÁIS PEQUENOS, PERO PARA O NOSO COLE TEN UN SIGNIFICADO ESPECIAL, XA QUE, GRAZAS ÁS EXPERIENCIAS LEVADAS A CABO NO CURSO 2012-13 POLAS QUE FORON AS NOSAS MESTRAS PATRICIA DOVAL E CRISTINA PAMPÍN, FOMOS, XUNTO CON OUTROS CENTROS, PREMIO NACIONAL DE INNOVACIÓN EDUCATIVA POLO PROXECTO COLABORATIVO GLORIA FUERTES.
A NOSA LEMBRANZA E CARIÑO PARA PATRI E CRIS, QUE XA ANDAN POR OUTROS COLES SEMENTANDO INNOVACIÓN E BO FACER.
E GRAZAS, GLORIA, POR POR DEIXAR UNHA PEGADA DE TENRURA QUE NUNCA ACABA.

CONTACONTOS NO EXTERIOR: AS ONDAS DO MIÑO PROG. 3 2ª PARTE


NESTE PROGRAMA A MÚSICA E A TENRURA DUNHA FERMOSA HISTORIA DE AMOR FAN AS DELICIAS DOS MÁIS ROMÁNTICOS. A RESIDENCIA DE ANCIÁNS DE CRECENTE RECIBE UNHA VISITA MOI ESPECIAL: OS CONTACONTOS EN ACCIÓN DO 3º CICLO ESTRÉANSE COMO NARRADORES DE HISTORIAS FÓRA DO NOSO COLE.



BIBLIOPEQUES

OS MÁIS PEQUENOS DO COLE, GUIADOS POLOS NOSOS BIBLIOTECARI@S EN ACCIÓN, FALAN DA BIBLIOTECA...UNHA TENRURA TAL, QUE SALTÓN ESTÁ PENSANDO EN CAMBIAR A SÚA DIETA DE COMELIBROS, PORQUE ESTÁN PRA COMELOS!!

domingo, 27 de abril de 2014

FALEMOS DE PAZ

COMO NON, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN UN PAPEL PROTAGONISTA CADA ANO DURANTE O MES DE XANEIRO. CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN O 30 DESTE MES, DO DÍA INTERNACIONAL POLA PAZ, A BIBLIOTECA ÉNCHESE DE PALABRAS SOLIDARIAS, XENEROSAS, TOLERANTES, E ESTE 2014, EN VARIAS LINGUAS. ADEMÁIS, COMO NON PODE SER MENOS, GLORIA FUERTES, A QUEN LLE GARDAMOS ESPECIAL AFECTO NESTE COLE, AGASALLOUNOS CUN DOS SEUS POEMAS: "SÓLO TRES LETRAS".
OS OLLOS DO MIÑO PRODUCCIÓNS ELABOROU ESTA REPORTAXE MONOGRÁFICA QUE AGORA COMPARTIMOS CON TODOS VÓS.
QUE A PAZ SEXA UNHA REALIDADE NAS VOSAS VIDAS.

sábado, 26 de abril de 2014

CONTACONTOS EN ACCIÓN: A B.E. NO PROG. 3 - 1ª PARTE

OS OLLOS DO MIÑO PRODUCIÓNS NACEU NO CURSO 2011-12 COMO PRODUTORA EDUCATIVA QUE AÚNA AS EXPERIENCIAS EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, INNOVACIÓN EDUCATIVA, ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES E OS PROXECTOS DA AULA I9 (DIRIXIDOS POR CARLOS CAMPOS, MESTRE DO 3º CICLO DE PRIMARIA, MESTRE DE MÚSICA DO CEIP E COORDINADOR DO EDLG). GRACIAS A ESTA ESTREITA COLABORACIÓN, OS RECURSOS DA BIBLIOTECA ESCOLAR SERVEN DE EIXE VERTEBRADOR DE MOITAS VONTADES QUE DA COMO RESULTADO PROXECTOS TAN MAGNÍFICOS COMO "AS ONDAS DO MIÑO", MAGAZIN ESCOLAR EN FORMATO TELEVISIVO NO QUE PODEMOS ATOPAR, ENTRE OUTR@S, AOS ALUMN@S BIBLIOTECARI@S E CONTACONTOS CONVERTIDOS TAMÉN EN REPORTEIROS DE PRIMEIRA CATEGORÍA.
DURANTE O MES DE DECEMBRO LEVOUSE A CABO A "I SEMANA CULTURAL" DO CEIP Plurilingüe, MANUEL SIEIRO, CHEA DE EVENTOS MOI VARIADOS COA CULTURA COMO FÍO CONDUTOR. SIRVAN ESTAS ENTRADAS COMO HOMENAXE E AGRADECEMENTO A TOD@S OS QUE PROCURAN QUE O NOSO COLEXIO E A NOSA BIBLIOTECA POIDAN DESBORDAR INNOVACIÓN, ACTIVIDADE E VIDA. E, COMO NON, GRACIAS KAKUS, POR AXUDARME A IR SENDO UNHA MESTRA DO SÉCULO XXI.

BIBLIOFESTA 2012-13 PARTE II


ESTA É A 2ª PARTE DA BIBLIOFESTA 2012-13. OS ALUM@S DO 3º CICLO VANSE ESPECIALIZANDO EN SER BIBLIOTECARI@S. SERÁ A ANTESALA DUN PROXECTO NOVO?...

BIBLIOTECARI@S EN ACCIÓN: AS PRIMEIRAS TAREFAS

PRESENTACIÓN FOTOGRÁFICA DAS PRIMEIRAS SEMANAS DOS ALUMN@S BIBLIOTECARI@S NO CURSO 2013-14

"LE COMIGO": O RAP DA BIBLIO

SALTÓN COMELIBROS, A NOSA MASCOTA, COMPUXO ESTE RAP COA AXUDA DOS ALUMN@S BIBLIOTECARIOS, ALÁ POLO MES DE NOVEMBRO DE 2012, PARA ANIMAR ÁS FAMILIAS A COMPARTIR LECTURAS NA CASA.
O FÍO CONDUTOR DA BIBLIOFESTA 2012-13 FOI O PROXECTO "LER EN FAMILIA", E UNHA DAS ESTRATEXIAS DESTE PROXECTO FOI COMPOÑER, APRENDER E COMPARTIR O RAP "LE COMIGO" ESTE CURSO FOMOS UN PASIÑO MÁIS ADIANTE E QUIXEMOS COMPARTIR CON TOD@S O NOSO RAP MEDIANTE UN VIDEOCLIP POUCO CONVENCIONAL.

BIBLIOFESTA 2011-12 PARTEII

ESTA É A 2ª PARTE DA BIBLIOFESTA 2011-12. OS MAIORES COMEZAN AQUÍ A VIVIR EXPERIENCIAS COMO VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA ESCOLAR

BIBLIOFESTA 2011-12-PARTE I

ESTA BIBLIOFESTA É UN SÍMBOLO DO QUE SOMOS HOXE, UN SINAL DE IDENTIDADE DA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR QUE MARCOU UN ANTES E UN DESPOIS, O COMEZO DUN PROCESO QUE DESEXAMOS RENOVAR ANO A ANO.

A BIBLIOTECA NO CURSO 2012-13

E POR FIN AS ILUSIÓNS, OS PROXECTOS E A ESPERANZA DE VARIOS ANOS MATERIALIZÁRONSE EN ACADAR UN OBXECTIVO: ENTRAMOS NO PLAMBE!!
AS PALABRAS SOBRAN...

A BIBLIOTECA NO CURSO 2011-12

O CURSO 2011-12 MARCOU UN ANTES E UN DESPOIS NA NOSA BIBLIOTECA. CHEOS DE ILUSIÓNS BUSCAMOS ENTRAR NO PLAMBE CON MÁIS FORZAS CA NUNCA, E ISTO FOI O QUE FIXEMOS. COMPARTÍMOLO CON TODO O NOSO AGARIMO, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

BIBLIOFESTA 2012-13 I PARTE

CURSO 2012-13: A BIBLIOFESTA DOS PEQUENOS!!

CONTACONTOS NO EXTERIOR: A BIBLIOTECA SAE FÓRA DO COLEXIO

O "VOLUNTARIADO DE LECTURA-A" PROPICIOU LEVAR A CABO UNHA EXPERIENCIA  QUE XA FORMABA PARTE DOS PROXECTOS A CURTO PRAZO QUE O EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR TIÑA EN MENTE. GRAZAS Á SÚA MODALIDADE 2, QUE NOMEAMOS CO TÍTULO "CONTACONTOS NO EXTERIOR", OS BIBLIOTECARI@S SAÍRON CONTAR HISTORIAS FÓRA DO CEIP EN DÚAS OCASIÓNS.
COMO UN DOS ACTOS DA SEMANA CULTURAL, CELEBRADA NO COLEXIO ENTRE O 16 E O 20 DE DECEMBRO, VISITAMOS A RESIDENCIA DE ANCIÁNS DE CRECENTE, ONDE OS CONTACONTOS COMPARTIRON COS INTERNOS E O PERSOAL A HISTORIA "ROMEO E XULIETA".
DURANTE ESTE MES DE ABRIL, EN CONCRETO O DÍA DO LIBRO, ACUDIMOS Á ESCOLA INFANTIL "A GALIÑA AZUL" ONDE DOUS GRUPOS DE CONTACONTOS COMPARTIRON CON MENIÑ@S E O PERSOAL DA ESCOLA OS CONTOS "EL GATO CON BOTAS" E "OS TRES PORQUIÑOS".









SIRVA  TAMÉN ESTA ENTRADA NO NOSO BLOG PARA AGRADECER ÓS DIRECTORES E Ó PERSOAL A MARABILLOSA ACOLLIDA QUE NOS DERON. RESULTARON EXPERIENCIAS TAN GRATAS QUE, SEN DÚBIDA, VOLVEREMOS PRONTO.

CONTACONTOS EN ACCIÓN: NON NOS FARTAMOS DE CONTAR HISTORIAS

DENTRO DA EXPERIENCIA "VOLUNTARIADO DE LECTURA-A" OS BIBLIOTECARI@S DO MANUEL SIEIRO TAMÉN PARTICIPARON DA MODALIDADE 2, QUE CHAMAMOS "CONTACONTOS EN ACCIÓN". DENDE OS PEQUES DE INFANTIL, ATA OS ASPIRANTES A COLABORADORES DE 4º DE PRIMARIA, ESCOITARON EN VARIAS OCASIÓNS AS NOSAS HISTORIAS EN PROSA, E EN VERSO!!!