jueves, 2 de enero de 2020

EMPEZA O DÍA CON ALEGRÍA

O PRIMEIRO ACHEGAMENTO ÁS EMOCIÓNS DESTE CURSO NACEU DUN TRABALLO COLABORATIVO NA BIBLIOTECA ESCOLAR. CHÁMASE "EMPEZA O DÍA CON ALEGRÍA" E ACOMPAÑA A TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE DE CRECENTE DENDE QUE CHEGAN ÁS AULAS A PRIMEIRA HORA DE CADA XORNADA

AS EMOCIÓNS NA GALA DE NADAL 2019

TAN ORGULLOSOS E ORGULLOSAS SE SENTIRON OS NOSOS NENOS E NENAS DO EMOCIOLIBRO CREADO DURANTE OS MESES DE NOVEMBRO E DECEMBRO, QUE FOI IMPRESCINDIBLE COMPARTILO CON TODO O NOSOS PÚBLICO DURANTE A GALA DE NADAL 2019. FOI MARABILLOSAMENTE EMOCIONANTE!!!!!

VOLUNTARIOS EN ACCIÓN:CONTACONTOS DE NADAL


OUTRA VEZ POLO NADAL CHEGOU A TRADICIÓN MÁIS ESPERADA; OS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA ESCOLAR DO MANUEL SIEIRO EN ACCIÓN. A ESCOLA INFANTIL "GALIÑA AZUL" E A RESIDENCIA DE MAIORES "SAN PEDRO" RECIBÍRONNOS COMA SEMPRE, CON MOITO AGARIMO, APLAUSOS, E CON MOITA EMOCIÓN!!!!!!!

A EMOCIONANTE BIBLIOFESTA DO 2019

OUTRO ANO MÁIS A BIBLIOFESTA FOI UNHA DAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS MÁIS ANIMADA DO ANO. ESTA VEZ NENOS E NENAS COMPARTIRON O LIBRO QUE CREARON COLABORATIVAMENTE AO LONGO DE VARIAS SEMANAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR:"O EMOCIOLIBRO DO MANUEL SIEIRO". A TRAVÉS DESTA OBRA, RAPACES E RAPAZAS DRAMATIZARON A SÚA EMOCIÓN FAVORITA CON TODA A ARTE DO MUNDO.

RECIBIMOS Ó CLUBE DE LECTURA DE CRECENTE

O MARTES, 17 DE DECEMBRO, DURANTE A NOSA SEMANA CULTURAL, O CLUBE DE LECTURA DE CRECENTE VISITOU A NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR PARA REGALARNOS LECTURAS SOBRE EMOCIÓNS, SOBRE A CONVIVENCIA E A PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR...COMO SEMPRE QUE NOS VISITAN AS NOSAS AMIGAS E AMIGOS DO CLUBE, ENCANTOUNOS TODO O QUE COMPARTIRON CONNOSCO...TANTO TANTO QUE UNHA CHEA DE RAPACES E RAPAZAS ANIMÁRONSE TAMÉN A LER☺

ARTE EMOCIONANTE POLO NADAL:OS NOSOS ELFOS E ELFAS

....E POUCO A POUCO FOI CHEGANDO O TEMPO DO NADAL....E, COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, ARTE EMOCIONANTE PARA FACER QUE A CREATIVIDADE DOS NOSOS NENOS E NENAS DERAN FORMA, FACE, EMOCIÓN E SIGNIFICADO AOS MELLORES AXUDANTES DE SANTA CLAUS:OS ELFOS E ELFAS DO MANUEL SIEIRO. ELES E ELAS INVADIRON O COLE DURANTE O EMOCIONANTE NADAL DESTE ANO!!!!

miércoles, 1 de enero de 2020

O CARTAZ DA INCLUSIÓN:A TÚA MIRADA CÁMBIAO TODO

E ESTE FOI O RESULTADO FINAL DUNHA COLABORACIÓN EMOCIONANTE....GRAZAS INFINITAS AOS NOSOS AMIGOS E AMIGAS DE "EVO CRECENTE" POLAS SÚAS PROPOSTAS DE CADA ANO, POLA SÚA AMISTADE, AS SÚAS VISITAS E A SÚA XENEROSIDADE CON TODOS NÓS!

BIBLIOTECA INCLUSIVA:DÍA DA DISCAPACIDADE=FESTA DA CONVIVENCIA

O DÍA 3 DE DECEMBRO RECIBIMOS UNHA VEZ MÁIS A VISITA DAS NOSAS AMIGAS DO CENTRO RESIDENCIAL PARA MULLERES CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL "EVO CRECENTE".
UN GRUPO DE INTERNAS E ALGÚNS COIDADORES E RESPONSABLES DOS OBRADOIROS NESE CENTRO VISITARON O MANUEL SIEIRO PARA COMPARTIR UN DÍA DE REIVINDICACIÓNS E DE FESTA DA CONVIVENCIA.
PRIMEIRO  VIMOS XUNTOS-AS UN FILM MOI  EMOCIONANTE:IÁN, A ISTORIA DUN NENO VALENTE E LOITADOR.
LOGO COMPARTIMOS COS NOSOS INVITADOS E INVITADAS UN LIBRO QUE ELABORARON TODOS OS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR TITULADO "REIVINDICÁNDONOS". ESTE PROXECTO NACEU DUNHA PROPOSTA QUE NOS FIXERON AS NOSAS AMIGAS DENDE O CENTRO RESIDENCIAL "EVO CRECENTE". TRATOUSE DE COLABORAR CON REIVINDICACIÓNS REAIS NA ELABORACIÓN DUN CARTAZ COLABORATICVO NO QUE SE EXPRESARAN ALGUNHAS DAS IDEAS MÁIS REIVINDICATIVAS DAS RAPAZAS DE EVO CRECENTE PARA FOMENTAR A INCLUSIÓN NUNHA SOCIEDADE QUE AÍNDA TEN MOITO QUE EVOLUCIONAR NESTE ASPECTO.....
FINALMENTE, TRASLADÁMONOS ATA O SALÓN DE ACTOS DO CEIP, ONDE DESFRUTAMOS DUNHA XORNADA DE XOGOS COLECTIVOS ROTANDO POR DIFERENTES ZONAS DE XOGO...FOI UN DÍA ESPECIAL, EMOCIONANTE E ENRIQUECEDOR QUE ESTAMOS DESEXANDO REPETIR!!

A BIBLIO FALA EN INGLÉS:THANKSGIVING DAY 2019

OUTRO ANO MÁIS A BIBLIO DO MANUEL SIEIRO MOSTRA O SEU LADO MÁIS POLIFACÉTICO:BANDEIRA DO PLURILINGÜISMO NO COLE DE CRECENTE, CELEBRAMOS ENTRE TODOS E TODAS FESTIVIDADES SINALADAS NA CULTURA DOS PAÍSES ANGLÓFONOS....ESTA VEZ FOI O DÍA DE ACCIÓN DE GRAZAS, OU, MELLOR EXPRESADO: THANKSGIVING DAY!!!!!

ALERTÓMETRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

E ESTE FOI O RESULTADO FINAL....A CREACIÓN COLABORATIVA POR ANTONOMASIA, CO MELLOR OBXECTIVO COMÚN POSIBLE: COÑECER E DETECTAR OS DIFERENTES NIVEIS DE ALERTA DA VIOLENCIA DE XÉNERO,  PARA PODER EVITALA DENDE A BASE E DENDE O CORAZÓN DOS NOSOS NENOS E NENAS.

O MANUEL SIEIRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO:O NOSO EMOCIONANTE ALERTÓMETRO

SEMPRE ACTIVOS E ACTIVAS A PROL DA IGUALDADE E DEFENDENDO O DEREITO DE HOMES E MULLERES A VIVIR PLENAMENTE LONXE DA VIOLENCIA....SEMPRE APOSTANDO POR UNHA SOCIEDADE MÁIS EQUITATIVA E XUSTA....O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO COMPARTIMOS, DA MAN DOS NOSOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA ESCOLAR, UN ALERTÓMETRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO QUE FOMOS ELABORANDO COLABORATIVAMENTE TODOS E TODAS OS RAPACES E RAPAZAS DE CRECENTE DURANTE O MES DE NOVEMBRO.

PROPOSTO POLA  ASOCIACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO  "3 DE XULLO" E POLO CENTRO RESIDENCIAL PARA MULLERES CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL "EVO CRECENTE", COLLEMOS O TESTIGO DUNHA INICIATIVA QUE DEIXOU UNHA MARABILLOSA PEGADA EN TODOS -AS NÓS....

ARTE EMOCIONANTE NO MAGOSTO

COMO NON PODÍA SER DOUTRO MODO....NO MAGOSTO TAMÉN CREAMOS ARTE MOI MOI EMOCIONANTE!!!!!!

MAGOSTO 2019:CREANDO, XOGANDO, COMPARTINDO...

E SEGUE O CURSO MÁIS EMOCIONANTE DOS ÚLTIMOS ANOS NO MANUEL SIEIRO......CO MAGOSTO CREAMOS, XOGAMOS, COMPARTIMOS.....EMOCIÓNS E MOITO MÁIS!!!

UN SAMAWEEN EMOCIONANTE:CREANDO XUNT@S

PARA MOSTRA DOS RESULTADOS DE TODA A ACTIVIDADE DO SAMAWEEN NA BIBLIOTECA ESCOLAR....AQUÍ TEDES UNHA SELECCIÓN DE  OBRAS DE TODO ESTE ARTE TAN EMOCIONANTE.....

SAMAWEEN 2019 NO MANUEL SIEIRO

ESTE ANO, CO GALLO DO PROGRAMA "EDUCACIÓN RESPONSABLE"  VIVIMOS UN SAMAWEEN TAN EMOCIONANTE QUE NOS PUXO A PEL DE GALIÑA!!!!
OS NOSOS PEQUENOS ARTISTAS CREARON NA BIBLIOTECA ESCOLAR UNHA CHEA DE CABAZAS CON DIFERENTES TÉCNICAS QUE REFLEXARON AS EMOCIÓNS MÁIS POPULARES ENTRE OS CATIVOS E AS CATIVAS.
AS FAMILAS TAMÉN SE IMPLICARON, COMO CADA ANO, NESTA PROPOSTA, E O TEMA "EMOCIÓNS"  ENCHEU A NOSA EXPOCABAZA 2019 DE ARTE EMOCIONANTE DE PRIMEIRA CATEGORÍA!!!!!