miércoles, 1 de enero de 2020

BIBLIOTECA INCLUSIVA:DÍA DA DISCAPACIDADE=FESTA DA CONVIVENCIA

O DÍA 3 DE DECEMBRO RECIBIMOS UNHA VEZ MÁIS A VISITA DAS NOSAS AMIGAS DO CENTRO RESIDENCIAL PARA MULLERES CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL "EVO CRECENTE".
UN GRUPO DE INTERNAS E ALGÚNS COIDADORES E RESPONSABLES DOS OBRADOIROS NESE CENTRO VISITARON O MANUEL SIEIRO PARA COMPARTIR UN DÍA DE REIVINDICACIÓNS E DE FESTA DA CONVIVENCIA.
PRIMEIRO  VIMOS XUNTOS-AS UN FILM MOI  EMOCIONANTE:IÁN, A ISTORIA DUN NENO VALENTE E LOITADOR.
LOGO COMPARTIMOS COS NOSOS INVITADOS E INVITADAS UN LIBRO QUE ELABORARON TODOS OS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR TITULADO "REIVINDICÁNDONOS". ESTE PROXECTO NACEU DUNHA PROPOSTA QUE NOS FIXERON AS NOSAS AMIGAS DENDE O CENTRO RESIDENCIAL "EVO CRECENTE". TRATOUSE DE COLABORAR CON REIVINDICACIÓNS REAIS NA ELABORACIÓN DUN CARTAZ COLABORATICVO NO QUE SE EXPRESARAN ALGUNHAS DAS IDEAS MÁIS REIVINDICATIVAS DAS RAPAZAS DE EVO CRECENTE PARA FOMENTAR A INCLUSIÓN NUNHA SOCIEDADE QUE AÍNDA TEN MOITO QUE EVOLUCIONAR NESTE ASPECTO.....
FINALMENTE, TRASLADÁMONOS ATA O SALÓN DE ACTOS DO CEIP, ONDE DESFRUTAMOS DUNHA XORNADA DE XOGOS COLECTIVOS ROTANDO POR DIFERENTES ZONAS DE XOGO...FOI UN DÍA ESPECIAL, EMOCIONANTE E ENRIQUECEDOR QUE ESTAMOS DESEXANDO REPETIR!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario