Arrancamos o curso na biblioteca escolar do centro.
Este ano realizaremos moitas actividades e proxectos; e haberá novidades que iremos presentando pouco a pouco, a medida que as vaiamos facendo realidade.
Polo de agora disfrutade con estas primeiras fotos da BiblioSieiro.
A final de curso, é tradición no centro publicar unha Revista Escolar conxunta, realizada por todos os alumnos e alumnas do centro; e coordinada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Chamámoslle O Rebusco; aínda que tamén correspondería o nº3 do noso xornal, Crecente en Letra.
Este ano quixemos subirnos ao "carro" das novas tecnoloxías e da "nube"; e, ademáis dos correspondentes exemplares impresos, publicámola a través de Internet
Xa está aquí o segundo número da nosa revista escolar, "Crecente en Letra".
Non vos perdades as reportaxes, artigos, ..., e moitos máis contidos, elaborados polos nenos e nenas do cole de Crecente.
Este número, ademais, será distribuído por diversas institucións da vila, como a Residencia da 3ªIdade, a Biblioteca escolar ou o Concello; para que poida chegar o maior número de veciños posibles.
Celebramos o día de San Patricio na biblioteca. Os rapaces e rapazas de 5º e 6º, tras unha investigación minuciosa, elaboraron un traballo sobre este día tan festexado en todo o mundo, o patrón de Irlanda.
Os nosos alumnos bibliotecarios desprazáronse ata a Residencia da 3ª idade para pasar un rato cos nosos maiores, levarlles as pastas que fixemos nos Obradoiros de Cociña; e, de paso, contarlles un conto.
Para finalizar, a Aula i9 Band, ofreceu un pequeño concertó.
Un ano máis, achégase o final do primeiro trimestre, e, como xa é tradición, celebramos a nosa Semana Cultural, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Un dos proyectos que poñemos en práctica os últimos anos é a Bibliofesta, un pequeno acto centrado na biblioteca escolar, nas actividades realizadas e nas que están por vir; ao que soen acudir un bo número de país e nais ; e no que os alumnos bibliotecarios exercen de anfitrións.
O pasado mes de decembro tivemos a sorte de organizar uns obradoiros sobre igualdade de xenero. Aínda que a actividade principal levouse a cabo na biblioteca escolar; nos corredoiros de entrada colgáronse unha serie de lenzos e cartaces con imaxes que representaban os diferentes tipos de violencia de xénero; e que foron doados polos seus creadores para a realización deste obradoiro a nivel Galicia.