jueves, 18 de diciembre de 2014

CRECENTE EN LETRA - O NOSO XORNAL

Xa está aquí a última creación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca Escolar: un xornal  no que vos iremos contando as novidades e acontecementos do colé.

O ano pasado xa experimentamos con formatos audiovisuais; e este curso tentaremos facer o mesmo, pero empregando outro dos medios de comunicación de masas máis consumidos nos últimos séculos, o xornal.

Trimestre a trimestre, se é posible, achegarémosvos un novo número de Crecente en Letra, ao que poderedes acceder e descargar facendo click no enlace. Ademais, imprimiremos unha serie de exemplares que quedarán no cole (Biblioteca, "Recuncho de Saltón", sala de mestres...) á disposición de toda a comunidade escolar

Agardamos que vos guste esta iniciativa, e esperamos poder contar con máis voluntarios; e poder ofrecer, así, máis contidos no próximo número.





martes, 16 de diciembre de 2014

THANKSGIVING DAY

Na biblioteca do Ceip Manuel Sieiro tamén somos plurilingües. Non só temos un bo lote de libros en inglés; senon que, tamén, celebramos as cestas típicas da cultura anglosaxona. Nesta ocasión toca o "Día de Acción de Grazas"

Disfrutade coas fotos!!

jueves, 27 de noviembre de 2014

HOMENAXE AOS NOSOS ALUMNOS BIBLIOTECARIOS

Por fin podemos ofrecer as mellores fotos dos alumnos e alumnas de Crecente nas Xornadas Convivencia organizadas no Centro de Formación e Recursos de O Burgo, en A Coruña; e para as que fomos seleccionados dentre todos os centros da provincia de Pontevedra.
 Un merecido premio á gran labor realizada polos nosos voluntarios e voluntarias ao longo destes últimos anos. 


martes, 18 de noviembre de 2014

AS AVENTURAS DE ELLIOT NESS

Este ano nomeamos como personaxe da biblioteca do cole ao gran inspector Elliot Ness que, xunto aos seus Intocables, conseguíu atrapar a un dos máis famosos "gansters" da cidade de Chicago.

Tanto gustaron estas personaxes que decidimos facer unha serie de contos nos que os alumnos e alumnas dende 3º a 6º, tiñeron a oportunidade de crear as súas propias aventuras.

Podedes ver o resultado "pinchando" na portada.


domingo, 1 de junio de 2014

O ENTROIDO NA BIBLIO



COMO EN TODAS AS GRANDES FESTAS, A BIBLIOTECA ESCOLAR ESTIVO MOI PRESENTE EN TODO O QUE ESTE ANO SE FIXO NO MANUEL SIEIRO POLO ENTROIDO. GRAZAS A QUE OSOLLOSDOMIÑO PRODUCIÓNS NOS UNE A TOD@S, PODEMOS FACER COUSAS COMO ESTAS...

BENVIDO, KAMISHIBAI

TAMÉN EN ABRIL CHEGOU O KAMISHIBAI, UN TEATRIÑO XAPONÉS QUE COMEZAMOS A COÑECER E ESTAMOS APRENDENDO A UTILIZAR.
A NOSA BIBLIOTECA CONTA CUN ABANO DE NOVAS HISTORIAS QUE XA VOS IREMOS CONTANDO.




BENVIDO, KAMISHIBAI!

OS CONTACONTOS NA ESCOLA INFANTIL

E O DÍA 24 DE ABRIL, FOI TAMÉN MOI ESPECIAL. OS "CONTACONTOS NO EXTERIOR" VISITARON A ESCOLA INFANTIL "A GALIÑA AZUL" DE CRECENTE, PARA CONTAR DÚAS HISTORIAS MOI OÑECIDAS: "OS TRES PORQUIÑOS" E "O GATO CON BOTAS". PARA QUE OS CATIVOS E CATIVAS OS DESFRUTARAN MELLOR, LEVAMOS CONNOSCO OS TÍTERES QUE OS ALUMN@S BIBLIOTECARI@S ELABORARON DURANTE VARIAS SEMANAS, E QUE XA NOS ACOMPAÑARAN NAS SESIÓNS DE "CONTACONTOS EN ACCIÓN".


GRAZAS ÁS PROFES E @S NEN@S DA ESCOLA, QUE NOS RECIBIRON COS BRAZOS ABERTOS E CON MOITO AGARIMO. SERÁ UN PRACER REPETIR A VISITA.

EN ABRIL, LIBROS MIL (2014)

O MES DE ABRIL ENCHEU DE MOITAS VIVENCIAS, E SOBRE TODO DE MOITAS LECTURAS O MANUEL SIEIRO. PERO, DENTRO DESTE "EN ABRIL, LIBROS MIL", O DÍA 23 FOI ESPECIALMENTE GRATO.
TOD@S NOS XUNTAMOS NO "LUGAR DE SALTON" PARA LER O "LIBRO VIAXEIRO", QUE XA É UNHA TRADICIÓN, PROPOSTA POLO EDLG, E APOIADA POLA BIBLIOTECA ESCOLAR E, SOBRE TODO, POLOS TITORES, TITORAS E PEQUEN@S DE TODO O COLEXIO.
ESTE ANO TITULÁMOLO "OS FEITIZOS DE SALTÓN", E PODÉDELO DESFRUTAR NO NOSO BLOG OSOLLOSDOMINHO.BLOGSPOT.COM.


AQUÍ QUEDAN AS IMAXES DESTA CELEBRACIÓN

MOCHILAS VIAXEIRAS


ESTE CURSO, NO PROXECTO LER EN FAMILIA, DEMOS UN PASIÑO MÁIS E COMEZARON A RULAR AS MOCHILAS VIAXEIRAS. NELAS, ADEMÁIS DUNHA SELECCIÓN DE MATERIAIS DA BIBLIOTECA ADAPTADOS A CADA GRUPO, CIRCULARON O RAP DE "LE COMIGO", CONSELLOS PARA LER NA CASA, A MEMORIA FOTOGRÁFICA DO CURSO PASADO, E OS CARNÉS PARA FAMILIAS. E, COMO NON, O "DIARIO VIAXEIRO", NO QUE TOD@S @S QUE QUIXERON, COMPARTIRON AS SÚAS OPINIÓNS, OS SEUS DEBUXOS.... AGORA QUE O CURSO REMATA, TOCA FACER BALANCE. SEGURO QUE HA SER BO!!