Aquí vos deixamos a última creación de Os Ollos do Minho Producións, unha reportaxe realizada polos Equipos de Dinamización da Biblioteca Escolar e da Lingua Galega; que pretende ser unha carta de presentación para que coñezades un poco mellor a nosa biblioteca, un dos espacios do cole máis empregados á hora de realizar proxectos de innovación educativa.
miércoles, 30 de marzo de 2016
lunes, 7 de marzo de 2016
THE SUN CAT - BIBLIOSIEIRO FALA EN INGLÉS
Atentos ao último proxecto do equipo de Biblioteca Escolar, en colaboración co de Dinamización Lingüistica e as Seccións Bilingües: un conto audiovisual, en inglés subtitulado en galego; que é un recurso moi bo para ir "facendo oído" coa lingua anglosaxona.
Narrado pola nosa auxiliar de conversa, Taylor B.; este conto, que traballamos cos rapaces e rapazas en formato kamishibai (pequeno teatro xaponés) con motivo do Día da Paz; fala da importancia da amizade e do valor que teñen neste mundo todas e cada unha das cousas e seres que convivimos nel, dende as máis pequenas, ata as xigantescas.
CRECENTE EN LETRA 2015-2016
Xa está aquí o primeiro número do noso xornal escolar para este curso 2015-2016; cun formato máis similar aos de toda a vida; e cargado de contidos creados polos alumnos e alumnas de 6º de Primaria relacionados coa nosa vida escolar e co mundo da cultura.
Xa sabedes que, se queredes consultar un exemplar en papel, estará a disposición de quen o desexe nos diversos espazos da nosa Biblioteca Escolar (recantos, Lugar de Saltón, etc)
Pero se o voso son as novas tecnoloxías, facede "click" enriba da portada e poderedes disfrutar deste número de "Crecente en Letra" online.
Boa lectura!!!
RADIOSIEIRO - A RADIO DA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR
Presentamos a última creación de Os Ollos do Minho Producións, un programa de radio grabado e realizado polos rapaces e rapazas do cole de Crecente.
Neste primeiro capítulo, presentado maxistralmente polos nenos e nenas de 6º de Primaria, facemos un pequenos repaso a diferentes temas relacionados co medioambiente, a cultura, literatura e arte.
Na primeira parte, os alumnos de 6º falaránnos da importancia que ten a auga no noso planeta; e como podemos conservala. Seguiremos co "Clube de Lectura da Aula i9" no que os rapaces e rapazas de 5º recomendarán unha serie de libros e cómics entretidos para ocupar o noso tempo de lecer.
Esta primeira parte rematará con música do noso repertorio.
Na segunda parte, os rapaces de 4º presentarán a sección "Unha poesía para cada día" na que os oiremos recitar fragmentos de dous dos grandes xenios da poesía: Rosalía de Castro e Federico García Lorca. Seguidamente os nenos e nenas de 3º ofrecerannos un misterio cultural, "A persoaxe segreda", no que tremos que adiviñar, gracias a unha serie de pistas, de que artista están a falar. Remataremos este primeiro programa con máis música, tamén do repertorio da Aula i9.
Aquí vos quedan os enlaces para poder escoitar cada parte. Prometemos voltar a subilos acompañados dun pase de diapositivas coas mellores imaxes que nos deixou a grabación.
Esperamos que vos gusten!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)