sábado, 28 de mayo de 2016

AS ONDAS DO MIÑO TV 2016

Tras moito traballo por fin podemos presentar o último programa da nosa "tv online"; no que alternamos reportaxes, entrevistas e diversas seccións de carácter cultural. 
Esta actividade colaborativa foi coordinada e dirixida conxuntamente polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e de Biblioteca Escolar; e nela participan todos os nenos e nenas do cole, de todas as idades e cursos.
Ademais compre lembrar que a nosa tv, ao igual que o programa de radio, os xornais, os videocontos, e demais proxectos que levamos a cabo dende Bibliosieiro,  As Ondas do Miño e dende o blogue principal, Os Ollos do Minho Producións, forman parte dun proxecto de innovación educativa que pretende o fomento do uso do galego; e o desenvolvemento das competencias lingüísticas  (lectura, dramatización, expresión, improvisación, etc) e dixitais (manexo de cámaras, software de edición, etc); e que recentemente obtivo un gran recoñecemento por parte das institucións educativas. 

Este é o noso noveno programa, xa que levamos tres anos co proxecto. Se queres ver os programas de outros anos, podes acceder facendo click aquí

Disfrutade cos vídeos!!








domingo, 10 de abril de 2016

REPORTAXE SOBRE A NOSA BIBLIOTECA & ANUNCIO "ANIMACIÓN Á LECTURA"

A BiblioSieiro está a pleno rendemento e para inaugura o ciclo  "En Abril, libros mil", preséntanos as súas dúas últimas creacións: unha reportaxe na que poderemos coñecer un pouco mellor a nosa biblioteca escolar; e un pequeno spot de animación á lectura. 

Este proxecto foi realizado polos rapaces e rapazas de 1º, 2º e 4º de Primaria; baixo a coordinación do Equipo de Biblioteca Escolar e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega; e formará parte do próximo programa de As Ondas do Miño Tv. que estamos a grabar; e que verá a luz nas próximas semanas. 

Esperamos que vos gusten e que vivan os libros!!!



miércoles, 30 de marzo de 2016

VÍDEO - PRESENTACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR

Aquí vos deixamos a última creación de Os Ollos do Minho Producións, unha reportaxe realizada polos Equipos de Dinamización da Biblioteca Escolar e da Lingua Galega; que pretende ser unha carta de presentación para que coñezades un poco mellor a nosa biblioteca, un dos espacios do cole máis empregados á hora de realizar proxectos de innovación educativa


lunes, 7 de marzo de 2016

THE SUN CAT - BIBLIOSIEIRO FALA EN INGLÉS

Atentos ao último proxecto do equipo de Biblioteca Escolar, en colaboración co de Dinamización Lingüistica e as Seccións Bilingües: un conto audiovisual, en inglés subtitulado en galego; que é un recurso moi bo para ir "facendo oído" coa lingua anglosaxona.
Narrado pola nosa auxiliar de conversa, Taylor B.; este conto, que traballamos cos rapaces e rapazas en formato kamishibai (pequeno teatro xaponés) con motivo do Día da Paz; fala da importancia da amizade e do valor que teñen neste mundo todas e cada unha das cousas e seres que convivimos nel, dende as máis pequenas, ata as xigantescas.   


CRECENTE EN LETRA 2015-2016

Xa está aquí o primeiro número do noso xornal escolar para este curso 2015-2016; cun formato máis similar aos de toda a vida; e cargado de contidos creados polos alumnos e alumnas de 6º de Primaria relacionados coa nosa vida escolar e co mundo da cultura. 

Xa sabedes que, se queredes consultar un exemplar en papel, estará a disposición de quen o desexe nos diversos espazos da nosa Biblioteca Escolar (recantos, Lugar de Saltón, etc) 

Pero se o voso son as novas tecnoloxías, facede "click" enriba da portada e poderedes disfrutar deste número de  "Crecente en Letra" online.

Boa lectura!!!


RADIOSIEIRO - A RADIO DA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR

Presentamos a última creación de Os Ollos do Minho Producións, un programa de radio grabado e realizado polos rapaces e rapazas do cole de Crecente.



Neste primeiro capítulo, presentado maxistralmente polos nenos e nenas de 6º de Primaria, facemos un pequenos repaso a diferentes temas relacionados co medioambiente, a cultura, literatura e arte.





 Na primeira parte, os alumnos de 6º falaránnos da importancia que ten a auga no noso planeta; e como podemos conservala. Seguiremos co "Clube de Lectura da Aula i9" no que os rapaces e rapazas de 5º recomendarán unha serie  de libros e cómics entretidos para ocupar o noso tempo de lecer. 

Esta primeira parte rematará con música do noso repertorio.


Na segunda parte, os rapaces de 4º presentarán a sección "Unha poesía para cada día" na que os oiremos recitar fragmentos de dous dos grandes xenios da poesía: Rosalía de Castro e Federico García Lorca. Seguidamente os nenos e nenas de 3º ofrecerannos un misterio cultural, "A persoaxe segreda", no que tremos que adiviñar, gracias a unha serie de pistas, de que artista están a falar. Remataremos este primeiro programa con máis música, tamén do repertorio da Aula i9.

Aquí vos quedan os enlaces para poder escoitar cada parte. Prometemos voltar a subilos acompañados dun pase de diapositivas coas mellores imaxes que nos deixou a grabación.

Esperamos que vos gusten!!!!