jueves, 18 de diciembre de 2014

CRECENTE EN LETRA - O NOSO XORNAL

Xa está aquí a última creación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca Escolar: un xornal  no que vos iremos contando as novidades e acontecementos do colé.

O ano pasado xa experimentamos con formatos audiovisuais; e este curso tentaremos facer o mesmo, pero empregando outro dos medios de comunicación de masas máis consumidos nos últimos séculos, o xornal.

Trimestre a trimestre, se é posible, achegarémosvos un novo número de Crecente en Letra, ao que poderedes acceder e descargar facendo click no enlace. Ademais, imprimiremos unha serie de exemplares que quedarán no cole (Biblioteca, "Recuncho de Saltón", sala de mestres...) á disposición de toda a comunidade escolar

Agardamos que vos guste esta iniciativa, e esperamos poder contar con máis voluntarios; e poder ofrecer, así, máis contidos no próximo número.





martes, 16 de diciembre de 2014

THANKSGIVING DAY

Na biblioteca do Ceip Manuel Sieiro tamén somos plurilingües. Non só temos un bo lote de libros en inglés; senon que, tamén, celebramos as cestas típicas da cultura anglosaxona. Nesta ocasión toca o "Día de Acción de Grazas"

Disfrutade coas fotos!!